Escola de vela para adultos
Información xeral
A escola de vela funciona todo o ano e aceptamos inscricións en calquera momento (sempre que haxa grupo).
Temos 2 grupos:
- Iniciación (barco colectivo): non é necesaria experiencia previa xa que comezamos a ensinar dende cero ata que o noso alumnado alcance o nivel necesario para seguir progresando.
- Perfeccionamento (Embarcación individual):Neste curso deixarase durante 1 mes 1 embarcación tipo láser para probar e se queres continuar, tes que facerte con embarcación propia, pois estas embarcacións son moi demandadas. Poder despois seguir formando parte dos nosos equipos de regata.
Horario
Sábados e domingos de 10:00 a 14:00 h.
Prezos:
O prezo por persoa é: SOCIOS: 60€/mes
NON SOCIOS: 75 €/mes
Os socios do Club Marítimo de Oza "O Puntal" e do Sporting Club Casino da Coruña teñen a consideración de prezos de socios. É necesario dispor da licenza federativa escolar que se tramitará directamente na páxina da federación galega.
Inscrición:
Para preinscribirse preme no formulario de palabras para acceder a el, será necesario cubrilo. Unha vez cuberto, o club porase en contacto contigo por correo electrónico.
Requisitos:
-Saber nadar
-A actividade desenvolverase sempre que haxa un mínimo de 5 persoas.