top of page

equipo de regata

Información xeral

Prezos:

O Club Marítimo Oza conta con tres equipos de regata, Laser/ILCA, Optimist A e Optimist B. Estes equipos están distribuídos por idades e niveis para que poidas navegar tanto se eres maior de idade como a partir dos 6 anos incluídos. Nestes equipos viaxamos a competicións por toda Galicia e ás veces polo resto de España. Se estás interesado enche o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo.

O prezo por persoa é:       SOCIOS: 60€/mes

                          NON SOCIOS: 75€/mes

Os socios do Club Marítimo de Oza "O Puntal" e do Sporting Club Casino da Coruña teñen a consideración de prezos de socios. É necesario dispor da licenza de federación deportiva que se tramitará directamente na páxina da federación galega.

Barcos:

O club conta con embarcacións tipo láser e optimist que se empregan na escola de vela, pero as máis antigas deixaranse un máximo de tres meses como proba para comezar nos equipos de regata.

bottom of page