Escola de vela
Información xeral
A nosa escola de verán está pensada para aqueles nenos (ata 14 anos) que queiran comezar a navegar durante os meses de xullo e agosto, aproveitando a época estival. Poder seguir despois na escola de inverno, pasando a formar parte dos nosos equipos de regata.
Contamos con embarcacións de iniciación colectivas e individuais, así como optimist para nenos de entre 6 e 14 anos e láser para maiores de 14 anos.
Horario
Martes e xoves de 15:00 a 19:00 h.
Prezos:
O prezo por persoa é: SOCIOS: 50€/mes
NON SOCIOS: 65 €/mes
Os socios do Club Marítimo de Oza "O Puntal" e do Sporting Club Casino da Coruña teñen a consideración de prezos de socios. É necesario dispor da licenza federativa escolar que se tramitará directamente na páxina da federación galega.
Inscrición:
Requisitos:
-Saber nadar
- Ter máis de 6 anos
-A actividade desenvolverase sempre que haxa un mínimo de 5 persoas.
Para preinscribirse preme no formulario de palabras para acceder a el, será necesario cubrilo. Unha vez cuberto, o club porase en contacto contigo por correo electrónico.