Campamentos de verán
Información xeral
Os nosos campamentos de verán están pensados para todos os menores a partir dos 6 anos incluídos, traballamos cunha franxa de idade moi variada xa que contamos con diferentes embarcacións que se adaptan aos intereses e idade de cada participante.
Con esta actividade buscamos que os nenos aprendan os conceptos básicos da vela, sempre nun ambiente seguro, inclusivo, respectuoso co medio e sobre todo, porque ese é o noso principal obxectivo, que sexa DIVERTIDO.
Para participar non é necesario contar con experiencia previa xa que contamos con embarcacións colectivas nas que poder aprender as bases dunha forma divertida e segura, non obstante se xa tedes experiencia tamén vos animamos a vir, xa que contamos con embarcacións para distintos niveis onde podes mellorar as túas habilidades e divertirte máis que nunca navegando.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non nos permitan navegar, faremos un plan alternativo, preferentemente na praia de Oza para poder facer xogos e outras actividades de lecer.
Requisitos
-Saber nadar.
-Ter 6 anos ou cumprilos durante o transcurso da actividade.
-Ser menor de 18 anos.
-Para a súa realización será necesario un mínimo de 5 participantes á semana.
Horarios 2024
De luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Se o desexa, existe a posibilidade de servizo de madrugadores a partir das 8:30 horas (3€/día por persoa).
Datas 2024
Semana 1: do 25 ao 28 de xuño
semana 2: do 1 ao 5 de xullo (Completa)
semana 3: do 8 ao 12 de xullo
semana 4:Do 15 ao 19 de xullo
semana 5: do 22 ao 26 de xullo
semana 6: do 29 de xullo ao 2 de agosto
semana 7: do 5 ao 9 de agosto
semana 8: do 12 ao 16 de agosto
semana 9: do 19 ao 23 de agosto
semana 10: Do 26 ao 30 de agosto
*Os festivos non haberá actividade,en A semana 5 e 8 descontarase o día festivo do prezo normal.
*Mínimo 5 participantes por semana e turno para realizar a actividade
*Límite de prazas
Material
A actividade pódese facer con case calquera roupa, o importante é que se poida mollar, polo que recomendamos o uso de neopreno, é obrigatorio o uso de calzado pechado, xa sexan zapatos normais que se poidan mollar ou botíns. Tamén recomendamos levar chuvasqueiro ou cazadora nos días de frío.
NON É NECESARIO LEVAR CHALECO SALVAVIDAS OU OUTRO TIPO DE MATERIAL, NÓS LLE SUBMINISTRAMOS.
Prezos 2024
Prezo 1 semana : SOCIOS: 90€
NON SOCIOS: 105 €
Prezo 2 semanas: SOCIOS: 150 €
NON SOCIOS: 170 €
Os socios do Club Marítimo de Oza "O Puntal" e do Sporting Club Casino da Coruña teñen a consideración de prezos de socios.
Se se realizan dúas semanas, estas poderán non seguirse, podendo elixir entre calquera das semanas sempre que non se cubran as prazas.
Para os campamentos de verán non será necesario ter a licenza federativa xa que temos o noso propio seguro de accidentes.
No caso de non asistir á actividade sen xustificación válida, avisando con menos dunha semana de antelación, non se devolverá o diñeiro.
Se nunca participaches na nosa escola de vela de inverno, cando participes no campamento de verán, o primeiro mes da escola de inverno terá un desconto, e tamén podes vir probar un día gratis.
Política de cancelación
No caso de non asistir á actividade sen xustificación válida, avisando con menos dunha semana de antelación, non se procederá á devolución do diñeiro.
A inscrición ábrese o xoves 2 de maio de 2024 ás 14:00 horas.
*As inscricións realizaranse exclusivamente a través da nosa web
Inscrición
Para facer a reserva da praza preme na palabra formulario para acceder a ela, será necesario cubrila. Unha vez cuberto, o club porase en contacto contigo por correo electrónico. Recoméndase non facer o pago ata que o club se poña en contacto contigo.
Para calquera dúbida, non dubides en contactar connosco a través do correo electrónico velacmoza@gmail.com