top of page
Foto del escritorvelacmoza

Clasificatoria Trofeo Grillete, RCNC

Na regata clasificatoria do Real Club Náutico da Coruña realizada o sábado 23 e 24 de Febreiro, os nosos regatistas das diferentes categorías obtiveron moi bos resultados, tendo que destacar a Iago Fernández Fernández que obtivo como premio a clasificación á Copa de España de Laser 4.7 que se celebrará en CN Elcano, Cádiz, entre os días 14 e 17 de Marzo.

Na categoría de Láser 4.7, Iago quedou 5 na clasificación xeral con 16 puntos empatado a puntos co seu compañeiro Mateo Vila Suárez que quedou na 6 posición. Os outros 3 regatistas do clube remataron a regata nas posicións 14, Jose Diaz-Pache Castro con 30 ptos. Na 19, Lucía Viejo Montero con 38 e finalmente na posición 22, Claudio Kenta Bussi Yamamura con 40.


Na categoría Radial o mellor posto do noso clube foi para Pablo Pose Sánchez que finalizou na 5 posición con 13 puntos e a nosa regatista Elena Camino Loureiro fixo un meritorio 9 posto con 17 puntos, sendo a primeira clasificada feminina.


Na categoría Standard navegaron os nosos dous regatistas Roque Viejo Viñas e Jaime Acebal Davila que remataron a xornada de 7 e 10 con 22 e 25 puntos respectivamente.


Moitas gracias ó RCNC pola organización da regata e noraboa os nosos regatistas polos resultados obtidos. Moita sorte a Iago na Copa


141 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Commentaires


bottom of page