top of page
Foto del escritorvelacmoza

CURSO VERÁN 2020

Actualizado: 19 jun 2020

Dende hoxe e ate completar o aforo, xa está aberto o prazo de inscripción para os cursos de verán que organiza o CM Oza. Debido a situación actual na que nos atopamos, este ano o aforo vai ser de 30 participantes por semana.


Este ano os prezos son para socios:

  • Semana: 70€

  • Quenda: 115€


E para os non socios:

  • Semana: 85€

  • Quenda: 135€

Neste prezo está incluida un seguro en caso de accidentes para a práctica de actividades náuticas. Sen ser necesario, ter a licencia federetiva.


As semanas a escoller (pódense seleccionar ó gusto) son:

  1. 29 de Xuño ó 3 de Xullo (COMPLETA)

  2. 6 de Xullo ó 10 de Xullo (COMPLETA)

  3. 13 de Xullo ó 17 de Xullo

  4. 20 de Xullo ó 24 de Xullo

  5. 27 de Xullo ó 31 de Xullo

  6. 3 de Agosto ó 7 de Agosto

  7. 10 de Agosoto ó 14 de Agosto

  8. 17 de Agosto ó 21 de Agosto

  9. 24 de Agosto ó 28 de Agosto

  10. 31 de Agosto ó 4 de Setembro

Toda a información de prezos, do horario, do calendario e do resto de documentación necesaria (conta bancaria e formulario de inscripción), están no seguinte link: https://velacmoza.wixsite.com/velacmoza/cursos-veran


Para apuntarse, é necesario facer antes, unha reserva para que non haxa ningún problema e vaia por orde de inscripción, vai ser necesario ir o seguinte enlance: https://velacmoza.wixsite.com/velacmoza/solicitude-cursos-veran-2020


O primeiro a facer é ir o botón de RESERVA, na seguinte páxina aparece información básica, indicando que esto trátase dunha reserva e non garante unha praza. En caso de estar completo, haberá lista de espera e indicarase nese caso. Nesta páxina, seleccionase a cantidade de prazas necesarios por titor/a legal, NON se poden apuntar a menores que non estéan o seu cargo.


Confirmando o pago (é gratis debido a que se trata dunha reserva), aparecerá un formulario para cubrir o datos e seleccionar se é socio (de Oza, "Sporting Casino" ou "Club del Mar") ademáis das datas.


Recibirás un correo conforme temos a túa solicitude feita e no menor prazo posible, daremos resposta para informar do estado (se foi aceptado o se está en lista de espera). En caso de ser aceptado, damos un prazo de 72 horas para mandar un correo con xustificante de pago, o formulario de inscripción e en caso de ser socio, un documento que o xustifique.

563 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page