Hoxe, 28 de Xaneiro, o CM Oza está de noraboa xa que a Real Federación Galega de Vela fixo oficial a convocatoria de Iago Fernández pola selección galega de vela da clase Laser 4.7, composta polos seis mellores regatistas, que asistirá ó campionato de España que terá lugar en Dehesa de Campoamor (Alicante).
A concentración dará comenzo o día 14 do vindeiro mes de Febreiro no centro de galego de vela en Vilagarcía de Arousa ate o 16. Para posteriormente desprazarse a Dehesa de Campoamor e participar na regata entre os días 19 e 23 de Febreiro.
Desexamoslle moita sorte ó equipo galego e en especial o noso regatista Iago!
댓글